Industrias Pesqueras resiste a Guerra Civil
O Parlamento republicano aproba a Lei de Pesca que incluía primas ao despezamento e crédito para a construción naval. A pesca é considerada una actividade económica a ter en conta pola Administración. Pero os anhelos do sector, por fin acariciados, esváense.
Estala a guerra en 1936 e as mellores embarcacións son requisadas para o exército. As crónicas de Industrias Pesqueras evidencian o drama. Valentín Paz-Andrade salva a súa vida, pero é desterrado a lugares inhóspitos da montaña ourensá en pleno inverno.
O sector marítimo mergúllase nunha profunda crise económica e a Revista perde a varios dos seus colaboradores. Algúns morren na fronte como os dous fillos do presidente da Asociación de Industrias Pesqueras y sus Derivadas, Manuel Domínguez Macaya. Outros son asasinados como o xornalista Manuel Lustres Rivas. Moitos vense abocados ao exilio como Castelao, Odón de Buen, Domigo Quiroga ou Manuel Martínez Risco.
Vaise perfilando a ditadura baixo a sombra da autarquía e o Estado Corporativo. Nace a economía dirixida en contraposición ao liberalismo económico.